Entrevista Xulio Aluribérica

Entrevista a Xulio da sección sindical da CIG en Aluibérica

  1. Despois da venda de Alcoa ao grupo Parter, do grupo Parter a Risco ( Alu ibérica), da política antisindical da empresa, da entrada da policía nas instalacións da fábrica…..en que situación vos atopades nestes momentos e que propoñedes.

A situación a día de hoxe é crítica. A fábrica está practicamente paralizada, e non se fixo unha sóa das inversións que estaban comprometidas no acordo da venta. Os impagos a provedores e de nóminas están ao orde do día. Deben o mes de xaneiro a tida a plantilla e ademáis febreiro e marzo a case un 40℅. Está claro que o Grupo Riego, non é un grupo industrial e non vai facer nada bo ca fábrica.

  1. Estamos a ver que a patronal pretende desmantelar a fábrica e que os gobernos de quenda dan a calada por resposta. Apostades pola intervención pública e a nacionalización da fábrica? Valorades a posibilidade de ocupar a fábrica para forzar esa saída?

A única solución que hai pasa por unha intervención pública da empresa, unha nacionalización e que se faga cargo a SEPI mentres se busca unha solución industrial. A ocupación de momento non o vemos. Se non hai intervención do estado non hai fábrica, iremos cara a liquidación da empresa.

Aluribérica

  1. Debido á crise do sistema capitalista estamos a ver como numerosas empresas (Alcoa, Bosch, Airbus, Nissan….) en sectores estratéxicos están a pechar ou trasladando a produción e xerando miles de despedimentos. Discutistes a posibilidade de facer unha acción conxunta cos propios compañeiros de Avilés e outros sectores que están en loita? Hai uns días houbo unha folga xeral comarcal en Ferrolterra, Considerades necesario estender esa loita a toda Galiza e o estado español?

Dende a CIG levamos tres anos intentando unir as empresas electro intensivas, e fixemos campañas de mobilizacións en desde 2018, e intensificaron en 2019. Propuxemos nalgún momento convocar folga das empresas electrointensivas, pero non tivemos seguimento dos outros sindicatos. Con Avilés en diferentes momentos temos feito accións conxuntas, e temos previsto facer algunha máis.

  1. A nosa páxina web ten unha audiencia tanto a nivel do Estado como Internacional, queres mandar algunha mensaxe, facer algunha petición ou chamamento?

O 15 de abril vanse concentrar en Madrid diante do Ministerio de industria os dous comités de a Coruña e Avilés para reclamar a intervención da fábrica. Cada xoves ás 17:00 facemos unha concentración diante da fábrica. No mes de Maio faremos outras accións que están por determinar.

Puedes enviarnos tus comentarios y opiniones sobre este u otro artículo a: contacto@comunistasrevolucionarios.org

Para conocer más de la OCR, entra en este enlace

Si puedes hacer una donación para ayudarnos a mantener nuestra actividad pulsa aquí

Organización Comunista Revolucionaria
Privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web le resultan más interesantes y útiles.