Folga do metal na Coruña: unificar e estender as loitas

Os días 5,12,18 e 19 os traballadores do metal lanzáronse á folga para loitar por un convenio digno cun seguimento masivo que paralizou a maioría das empresas do sector. Este convenio afecta a máis de 16.000 traballadores que operan en Estaleiros, Automóbil, Aeronáutica, Aluminio, etc.

O día 18 realizouse unha manifestación na Coruña congregando a traballadores chegados de toda a provincia que terminou diante da sede patronal. A esixencia dos traballadores van desde incrementos salariais, revisión salarial co IPC ata subrogación dos persoais, redución da xornada laboral anual entre outras cuestións.

A patronal envalentonada pola NON reforma laboral e as continuas mensaxes lanzadas polo goberno “progresista” da necesidade dun pacto de rendas, non só non está disposta a ceder ás pretensións dos traballadores senón que quere ir máis aló solicitando unha distribución irregular da xornada do 10% nun período de 24 meses o que supoñería xerar horas sen cobrar por elas.

As xornadas de loita desenvolvéronse cun gran entusiasmo o que demostra, unha vez máis, as ganas que ten a clase obreira de lanzarse a loita. Por parte da CIG realizáronse previamente asembleas abertas para tratar o tema e convocáronse mobilizacións en Coruña para esixir unha solución ao conflito. Non podemos dicir o mesmo das direccións de CCOO e UXT que continúan coa súa política de desmobilización e de pacto que o único que consegue é facer crer á patronal que esta batalla, e outras moitas, pódena gañar como vimos na baía de Cádiz chegando a acordos ás costas dos traballadores.

H18Y2061A loita continúa con novas xornadas de folga os días 7,8,9,28,29,30 de Xuño. Con este novo calendario os traballadores do metal dan un novo impulso á súa loita convocando seis xornadas de folga lanzando unha mensaxe á patronal de que pasan á ofensiva. Este aumento da combatividade é un reflexo das ganas de loita que vemos en todos os conflitos aos que estamos a asistir de maneira illada (Convenio metal Áraba, convenio metal de Cádiz, Convenio da carpintería na Coruña, folgas do sector da dependencia, da banca…) Por iso é necesario unificar os diferentes sectores que agora están en loita para dar unha resposta contundente aos continuos ataques e posteriormente estendelos a todo o conxunto da clase obreira. UNHA SOA CLASE, UNHA SOA LOITA

Puedes enviarnos tus comentarios y opiniones sobre este u otro artículo a: contacto@comunistasrevolucionarios.org

Para conocer más de la OCR, entra en este enlace

Si puedes hacer una donación para ayudarnos a mantener nuestra actividad pulsa aquí

Organización Comunista Revolucionaria
Privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web le resultan más interesantes y útiles.