Viva a loita comunista! Saúdos a Horitzó Socialista, órgano de difusión da mocidade comunista nos Països Catalans

Desde a Corrente Marxista Internacional celebramos e damos a benvida a Horitzó Socialista, o recentemente constituído órgano de difusión da mocidade comunista nos Països Catalans. Seguindo unha dinámica similar no País Vasco co Mugimendu Sozialista e a súa ruptura coa esquerda abertzale, Horitzó Socialista (HS) xorde dunha escisión pola esquerda de Arran, a maior organización xuvenil nos Països Catalans. Tamén en català e euskera.

Unha escisión que foi madurando no último período co desenvolvemento dun sector crítico cos postulados básicos da Esquerra Independentista (EI) e os seus resultados prácticos, en base á experiencia acumulada tras os embates independentistas do 2017 e 19, e que culminou coa expulsión do núcleo de Arran Valencia por parte da dirección de Arran hai uns meses.

Como revolucionarios comunistas organizados en 50 países de todo o mundo, desde a Corrente Marxista Internacional compartimos as ideas comunistas de Horitzó Socialista (HS- Horizonte Socalista) tal e como están expostas no seu primeiro comunicado, así como nos artigos publicados anteriormente, como a Carta oberta ao jovent comunista. Compartimos a conclusión, e o punto de partida de toda práctica revolucionaria, que o motor da historia é a loita de clases, expresada baixo o capitalismo no antagonismo irreconciliable entre as dúas clases sociais principais, a burguesía e o proletariado.

Tamén compartimos a defensa de principios da independencia política da clase traballadora. A historia, aquí especialmente, demostrou a absoluta validez deste principio, como exemplificaron sobre todo os bolxeviques na revolución rusa de Outubro. É precisamente este un dos puntos máis críticos de Horitzó Socialista cara á EI. Polo seu papel na produción e forma social, a clase traballadora é a única clase capaz de acabar con toda a opresión do sistema, arrastrando, na tarefa de alcanzar este obxectivo e na construción dunha nova sociedade sen clases, outras clases e capas sociais.

Igualmente, coincidimos na necesidade da revolución social para acabar coa ditadura do capital, incluíndo a destrución do Estado burgués e, á calor da loita, a organización e a toma de conciencia da nosa clase, a creación dun novo Estado proletario. O socialismo é a única alternativa á barbarie coa que o capitalismo condena á clase traballadora e ás familias obreiras coas crises económicas, explotación, opresión, guerras, desastres ambientais e cambio climático. Só o marxismo revolucionario como método de análise e transformación social, e o comunismo como obxectivo de sociedade, pode iluminar unha esperanza no futuro da humanidade.

Ao mesmo tempo, o labor comunista ten un carácter internacional. O capitalismo, co seu dominio imperialista por todos os recunchos do planeta, creou unha produción social que vincula e organiza a millóns de traballadores. Nin o país imperialista máis poderoso, Estados Unidos, pode librarse das forzas sociais da produción mundial. É máis, precisamente co dominio mundial do capital, a propia burguesía creou as condicións materiais para a súa derrota, agora máis que nunca: a clase obreira mundial. Por iso, tanto social como económica e politicamente, a tarefa dos comunistas é organizarnos e librar unha batalla ideolóxica e práctica sobre a base do internacionalismo proletario. Esta foi sempre a posición defendida por Marx, Engels e Lenin, e debe seguir sendo un piar fundamental do movemento comunista.

Coa base de principios exposta, e cunha política internacionalista que guíe toda teoría e práctica, cremos que Horitzó Socialista podería xogar un papel destacado no período de loitas en que entramos, educando e dirixindo unha parte importante da mocidade revolucionaria ou que se está radicalizando pola esquerda. Desde a Corrente Marxista Internacional, celebramos novamente a súa creación e esperamos loitar de xeito conxunto contra o capitalismo armados co programa da revolución socialista mundial.

Puedes enviarnos tus comentarios y opiniones sobre este u otro artículo a: contacto@comunistasrevolucionarios.org

Para conocer más de la OCR, entra en este enlace

Si puedes hacer una donación para ayudarnos a mantener nuestra actividad pulsa aquí

Organización Comunista Revolucionaria
Privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web le resultan más interesantes y útiles.